Calliactis

Calliactis
[PLANTA]

Xénero de actiniarios de base moi adherente, columna de ata 8 cm de altura e cor castaña con estrías brancas lonxitudinais e numerosos tentáculos marelos, que poden acadar ata 3 cm de lonxitude no adulto. Viven fixados na cuncha baleira de gasterópodos do xénero Bucinum, que tamén pode servir de residencia dalgúns cangrexos peregrinos cos que establece unha relación simbiótica: o cangrexo protéxese dos depredadores cos tentáculos urticantes do actiniario, e este aproveita os restos das presas do cangrexo para alimentarse. Nas costas galegas atópase a especie C. parasitica.