Callophyllis
Callophyllis
[PROTISTA]
Xénero de algas rodófitas ao que pertence a especie C. laciniata, de talo cartilaxinoso de ata 25 cm de lonxitude, cor vermella purpúrea ou rosa intenso, en forma de abano con ramificación dicótoma e marxe con proliferación. Crece sobre os estípites de Laminaria, no infralitoral ou en pozas mareais fondas das costas expostas do Atlántico.