Calocera

Calocera
[FUNGO]

Xénero de fungos da familia das dacrimicetáceas, de cogomelos xelatinosos con basidios longos e estreitos, que levan dúas esporas longas. En Galicia están presentes as especies: C. cornea, de cogomelos erectos de ata 4 cm de altura, non ramificados e de cor amarela pálida, que viven na madeira morta de carballo; e C. viscosa, de cogomelos de ata 6 cm de lonxitude, ramificados dicotomicamente, de cor laranxa intensa, que viven na madeira morta do piñeiro.

Palabras veciñas

calo- | calobrial | Calocedrus | Calocera | Calocybe | calofrío | Calogo, San Cibrán de