Calopteryx

Calopteryx
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de libélulas da suborde dos zigópteros caracterizado por presentar na fase de vida adulta as ás vivamente coloreadas. En Galicia son comúns en cursos de auga limpa as especies: C. virgo, denominada “gaiteiro aliazul” e C. haemorrhoidalis, denominada “gaiteiro alivermello”.