calorímetro

calorímetro

(

  1. s m [METROL]

    Aparato que mide a cantidade de calor emitida ou absorbida nun proceso físico ou químico. Hainos de diversos tipos: o calorímetro non isotérmico, que o fai mediante o aumento de temperatura, ou o calorímetro isotérmico que o realiza a través dunha transformación física, xeralmente unha dilatación ou un cambio de estado dun corpo de masa e calor específica coñecidos, denominado corpo calorimétrico.

  2. calorímetro aneroide [METROL]

    Calorímetro non isotérmico que utiliza como corpo calorimétrico un metal dunha gran condutividade calorífica, como por exemplo o cobre, para acadar unha igualación rápida de temperaturas. É válido para un intervalo de temperaturas duns 300°C.

  3. calorímetro de baixas temperaturas [METROL]

    Calorímetro aneroide somerxido no hidróxeno líquido nun vaso Dewar, ideado por Walther Hermann Nernst.

  4. calorímetro de bomba [METROL]

    Calorímetro non isotérmico empregado para determinar as calores de combustión de combustibles sólidos e líquidos mediante o proceso seguinte: unha masa coñecida de combustible introdúcese nunha bomba de aceiro chea de osíxeno para asegurar a combustión completa; despois, a bomba colócase nun calorímetro de auga, onde se provoca a combustión. Coa medida da elevación de temperatura e o coñecemento da masa de auga, xunto co equivalente de auga do calorímetro e da bomba, pódese calcular a calor de combustión.

  5. calorímetro de fluxo continuo [METROL]

    Calorímetro non isotérmico disposto para determinar o equivalente mecánico da calor. Calcúlase medindo as temperaturas na entrada e na saída dun tubo, envolto por unha resistencia eléctrica, por onde pasa un caudal de auga coñecido. Cómpre saber, ademais, a potencia eléctrica gastada.

  6. calorímetro de mestura/calorímetro de auga [METROL]

    Calorímetro non isotérmico utilizado para calcular as calores específicas a temperatura ambiente por medio da temperatura na que queda unha mestura da substancia problema cun líquido, a unha temperatura inicialmente diferente e tamén coñecida.

  7. calorímetro de xeo/ calorímetro de Bunsen [METROL]

    Calorímetro isotérmico, ideado por Robert Wilhelm Bunsen, empregado para medir a calor específica das substancias a partir da contracción de volume que se produce ao fundir unha certa cantidade de xeo, cando se introduce a substancia problema a temperatura elevada.