caloso -sa

caloso -sa

(< calo)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente aos calos.

    2. Que ten calos ou durezas.

      Ex: As súas mans calosas rascábanlle a cara cando a aloumiñaba.

  2. s f [BOT]

    Substancia que recobre as placas cribosas no comezo do período de repouso e que forma un calo que, nalgúns casos como o da vide, se funde mediante enzimas cando volve ao período vexetativo.

  3. corpo caloso [ANAT]

    Lámina de fibras comisurais que une os dous hemisferios do cerebro.

Palabras veciñas

calorizar | caloroso -sa | calosidade | caloso -sa | calostra | calota | calote