calquera
(< lat quale ‘cal’ + lat vquaera ‘queira’)
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zapato’.
-
cuant
Forma invariable que se aplica a unha persoa ou a unha cousa dun grupo sen importar cal (
Ex: Calquera deles pode chegar a ser un bo atleta, Dáme calquera vaso dos que están enriba da mesa). Pode ter función adxectiva ou substantiva (Ex: Váleme calquera agasallo/Váleme calquera). OBS: Acompañando un substantivo pode ir antes ou despois del (Ex: Eu vivo en calquera cidade/Escolle un coche calquera) e pode ir acompañando un substantivo en plural cando este o precede (Ex: Tráelle uns bolígrafos calquera).
-
cuant
Forma invariable que expresa que o designado polo substantivo non ten valor, importancia ou categoría (
Ex: Para ir ó monte sérveme calquera pantalón vello, Non me vai convencer porque a súa é unha opinión calquera).
Frases feitas
-
Ser un/unha calquera 1 Ser unha persoa de pouca importancia ou de poucas calidades. Ex: Por moito médico que sexa non deixa de ser un calquera.
-
2 Muller de vida licenciosa. Ex: Non a quero como compañeira, é unha calquera.