Calvo Moraso, Blanca

Calvo Moraso, Blanca

Mestra e escritora ourensá. Exerceu a docencia en Ourense e foi a ideóloga en temas relacionados coa muller dentro de Acción Católica. No 1935 foi nomeada presidenta da Confederación das mulleres católicas. Ademais da súa actividade docente publicou numerosos artigos en distintos xornais. Así, no diario Galicia saíron á luz artigos xornalístico-literarios como “Panoramas gallegos: El rompeolas de Bayona”, “Las playas gallegas”, “Crónica de Bayona: Una excursión a la Toja”, e artigos onde tratou diversos temas como “Realidad en el arte”, “De la ciudad del Apóstol” e “Cosas que se van”, reaccionando neste último contra a lei sálica, tema que volveu tratar no artigo “La Asociación católica de la Mujer: Comentando un discurso” de La Región (1922), onde defendeu o dereito o voto das mulleres e no que ampliaba o seu ámbito de actuación. Durante a Segunda República defendeu o ideario do ensino das ordes relixiosas en contra do laicismo escolar, tal e como reflectiu no seu artigo “El poder de la persecución”, publicado en Galicia (1932). Tamén colaborou en El Heraldo e, no 1932, publicou “Desconfianzas y la opinión ajena” en El Compostelano. Segundo algúns investigadores, escribiu varias pezas dramáticas, entre elas, Escuela de la vida, estreada no 1924 e publicada no diario La Zarpa.