calzón

calzón

(< calza)

  1. s m
    1. Peza interior de liño fino que cobre dende o van ata o xeonllo ou mesmo máis abaixo.

      Ex: O gaiteiro vestiu primeiro o calzón.

      Sinónimos: cirolas.
    2. Pantalón feito de diversos tecidos que cobre dende o van ata o xeonllo ou máis abaixo.

      Ex: Ese grupo de gaiteiros levan os calzóns de pana negra.

  2. s m

    Pantalón curto que cobre dende o van ata os xeonllos e que xeralmente se utiliza para facer deporte.

    Ex: Os xogadores do Celta levan calzóns brancos e os do Deportivo azuis.

  3. s m

    Peza de roupa interior masculina feita de tea, algodón, la ou outras fibras que cobre dende o van ata as inguas ou parte das coxas. OBS: Xeralmente se utiliza en plural.

    Ex: Meu irmán leva uns calzóns debuxados con barcos.

Palabras veciñas

calzadura | calzar | calzo | calzón | Calzós, Os | calzudo -da | calzurras