cambota

cambota

(

  1. s f

    Parte inferior da cheminea, normalmente con forma parecida á dunha campá, situada enriba dunha lareira ou sobre uns fogóns, que ten a función de recoller os gases ou o fume producidos na cociña.

    Ex: A cambota cobre toda a cociña de ferro.

  2. s f
    1. Trabe de madeira que soporta a parede fronteira da cheminea.

      Ex: Os albaneis están acabando de facer a cambota.

    2. Bordo inferior que sobresae desa peza e que adoita empregarse como andel.

      Ex: Colocou os pratos de Sargadelos na cambota.