camisa

camisa

(

    1. s f

      Peza de roupa que adoita abotoar por diante, xeralmente de tea fina de diversos materiais, de forma folgada e de manga curta, media ou longa. Cobre desde o pescozo ata máis abaixo da cintura e vístese como peza exterior ou debaixo dunha chaqueta ou dun xersei. Na tradición oral recóllense ditos como: “A camisa de moitas feituras está chea de costuras. Camisa e touca negra, non tiran ánima de pena. Camisa que moito se lava, logo se acaba. O que non ten camisa aforra lavandeira”.

      Ex: Mercou unha camisa de seda natural na súa viaxe a China.

      Confrontacións: blusa.
    2. camisa de asento

      Camisa longa de liño que antigamente levaban os homes.

    3. camisa de forza

      Peza de roupa resistente que abotoa ou ata por detrás, con mangas longas fechadas na parte de diante, que se lles pon aos enfermos mentais para os suxeitar cando padecen un acceso de forte axitación ou agresividade.

    1. s f

      Envoltura de diversos materiais coa que poden estar protexidos algúns obxectos.

      Ex: Rompeu a camisa do garrafón e tivemos que colocarlle outra.

    2. s f

      Cuberta de papel forte, que adoita levar un título, na que se meten cédulas ou outro tipo de documentos.

    3. s f

      Folla de papel translúcido que se coloca sobre a arte final dun orixinal publicitario e onde se especifican todas as instrucións para a súa reprodución.

    4. s f [BÉL]

      Tubo de metal que forma o recubrimento interior do canón onde está o estriado e que se introduce a presión na boca de fogo dunha arma.

    5. s f [TECNOL]

      Funda de rede metálica ou de algodón impregnada dunha mestura de óxidos de torio, de circonio e de cerio con que se envolve unha chama para que, ao poñerse incandescente, aumente a forza luminosa.

    6. s f [TECNOL]

      Revestimento metálico que se coloca no interior dun espazo oco para aumentar a súa resistencia.

    7. s f [TECNOL]

      Revestimento tubular disposto no interior do cilindro que fai de superficie para que escorregue o pistón. É, polo xeral, de aceiro doce recuberto dunha capa de cromo duro, ou de fundición gris resistente ao desgaste por rozamento, e está provisto de porosidades que facilitan a súa lubrificación. Nos motores endotérmicos as paredes absorben unha gran cantidade de calor que nas camisas secas se transmite ao aire directamente, mentres que nas camisas húmidas se transmite á auga do circuíto de refrixeración.

    8. s f [TECNOL]

      Revestimento de material refractario que se aplica no interior de crisois, fornos ou outros obxectos que deben resistir temperaturas elevadas.

    9. camisa de auga [TECNOL]

      Cavidade que envolve o cilindro por onde circula a auga de refrixeración.

  1. s f [ZOOL]

    Cuberta corporal abandonada que, por ser ríxida, conserva a forma e permite recoñecer o animal que a orixinou. No caso dos invertebrados, onde tamén recibe o nome de exuvio, correspóndese co exoesqueleto que impide a medra; nos réptiles o motivo é desfacerse da epiderme desgastada logo de se formar outra nova baixo a vella. As camisas de anfibios, sen embargo, son raras, xa que estes animais adoitan comer os restos das mudas.

    Ex: Atopamos unha camisa de cobra no monte.

  2. s f

    Parte externa que reviste os legumes ou os froitos.

    Ex: Non lle gustaba nada comerlle a camisa ós chícharos.

  3. s m pl [POLÍT]

    Tecido que envolve o feto.

  4. Membros dun corpo militar ou dun partido político identificados coa cor da camisa que forma parte do seu respectivo uniforme. Os camisas vermellas eran os voluntarios que seguiron a Garibaldi na expedición de Sicilia (1860); os camisas negras, era a denominación que recibiron os fascistas italianos a partir de 1919; os camisas pardas, os militantes nacionalsocialistas alemáns (1925) e especialmente os SA, membros da sección de asalto; e os camisas azuis, os militantes de Falange Española e das JONS (1934). Os afiliados á Falange Española antes do 18 de xullo de 1936 coñecíanse co nome de camisas vellas.

Frases feitas

  • Acábate, pobre, e vende a camisa. Emprégase cando se chega ao límite dos infortunios.

  • En mangas de camisa loc adv Andar vestido, de cintura para arriba, só coa camisa.

  • Cambiar/mudar de camisa. Cambiar de ideas, de partido ou de conduta segundo as propias conveniencias.

  • Darlle a camisa para a lavadura a alguén. Non obter beneficios ou compensar algunha cousa con outra.

  • Deixar (a alguén) en/sen/coa camisa ás costas. Quitarlle todo o que ten.

  • Esperar unha persoa pola camisa do morto. Esperar que outra persoa faga o que pode facer ela.

  • Meterse en camisa de once varas. Inmiscirse no que a un non lle interesa.

  • Perder ata a camisa/quedar (alguén) sen/en camisa/coa camisa ás costas. Perder todo o que un ten.

  • Quedar unha persoa nunha camisa lavada. Quedar esa persoa despreocupada ou sen responsabilidade sobre algo que a molestaba.

  • Suar a camisa. Traballar con moito esforzo.

  • Xogar a camisa. Gastar no xogo todo o que unha persoa ten.

Palabras veciñas

camión | camioneiro -ra | camioneta | camisa | camisard* | camiseiro -ra | camisería