Camorra

Camorra

Asociación secreta de malfeitores que presenta fortes vinculacións coa mafia, xurdida nos cárceres de Nápoles no s XVI cara ao final da dominación hispánica. Implicada en actividades de roubo, chantaxe e contrabando, tiña estatutos, leis, argot e tribunais propios, e estaba dividida en diversos graos. Foi utilizada contra os liberais como policía secreta no goberno de Fernando II das Dúas Sicilias (1831-1859) e á entrada dos garibaldinos (1860). Aínda que se intentou a súa desarticulación coas campañas de arrestos e deportacións dirixidas por Silvio Spaventa e polo xeneral La Marmora, continuou actuando a baixa escala durante boa parte do s XX. Desde os anos sesenta volveu renacer una certa infraestrutura que conseguiu reunir un gran número de “familias” en toda a rexión napolitana.

Palabras veciñas

2 camón | Camón Aznar, José | camorra | Camorra | camorrista | Camos | Camoucedo