Campana, La

Campana, La
[PUBLIC]

Revista subtitulada “Semanario popular” que apareceu en Santiago en abril de 1923. Trátase dunha publicación de oito páxinas que debeu durar un ano aproximadamente. Aínda que dedicaba pouco espazo á literatura, incorporou diversos poemas e relatos en castelán e a reprodución do poema “Como chove!”, de Valentín Lamas Carvajal.