Canabal
Canabal
-
[ONOM]
ariante gráfica do apelido Canaval.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que leva como armas, en campo de sinople, un dragón ao natural coas ás abertas, e bordo de ouro. Algúns traen, en campo de azul, cinco anacos de cana de ouro, postos en aspa, e outros, en campo de azul, tres plantas de cana da súa cor, dereitas e postas en faixa.