Cancelo
Cancelo
-
[ONOM]
Apelido que pode proceder dun topónimo ou dun alcume. Como alcume aplícase a aquelas persoas que van deixando todo aberto por onde pasan. O topónimo Cancelo procede do latín cancellu ‘reixa’. Este apelido documéntase no s XIII: “Odoarius Ordonii de Cancelu” (doc ano 1213 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, II, 1976, p 420).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que ostenta como armas, en campo de sinople, cinco panelas de ouro, postas en aspa.