Cáncer

Cáncer
  1. [ASTRON]

    Constelación zodiacal situada entre o Lince e a Hidra Femia. É a que ten as estrelas de máis feble luminosidade entre todas as do zodíaco, o que dificulta a súa identificación. Ten 102 estrelas visibles a simple vista. Destacan α-Cancri, estrela dobre situada a unha distancia de 99 anos luz da Terra, e os cúmulos M 44 ou Pesebre e M 67 ou Gorra Frixia. Tamén se denomina Cangrexo ou Caranguexo.

  2. [ESOT]

    Cuarto signo do zodíaco que, como os outros, coincidía coa constelación do mesmo nome en tempos de Hiparco. A súa antiga posición, como consecuencia da precesión dos equinoccios, está ocupada actualmente pola constelación de Xémini. Tamén se denomina Cangrexo ou Caranguexo.