Candal
Candal
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica que está formado sobre a base prerromana *cand ‘pedra’. Documéntase no s XVIII: “Vicente Candal” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 158).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural da Coruña, desde onde unha rama pasou a Nápoles. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, con tres paos de goles; segundo e terceiro, en campo de ouro, con dúas vacas da súa cor, con cadanseu colar de goles, postas unha sobre a outra.