candorca

candorca
Nome científico: [Orcinusorca, Fam dos delfínidos]
s f [ANIMAL]

Delfín de ata 9 m de lonxitude no caso dos machos, 5 m de lonxitude nas femias, e cun peso de ata 7.000 quilogramos. Son de cor negra, agás unha gran mancha branca alongada sobre o ollo e as partes ventrais e outra zona gris detrás da aleta dorsal. As aletas anteriores son moi grandes e arredondadas, de ata 1/6 da lonxitude total do animal, e as aletas dorsais son triangulares, de ata 1,8 m de altura. Acadan máis de 40 anos de idade e as femias poden ter unha cría cada ano, que mide ao nacer máis de 2 m. Viven en pequenos grupos, compostos xeralmente dun macho con varias femias, aínda que ás veces se poden chegar a xuntar máis de corenta animais. Aliméntanse de peixes de gran tamaño, focas e incluso cetáceos. Alcanza velocidades de ata 62 km por hora. Distribuída por todos os océanos, especialmente en augas frías, tamén aparece no Mar Mediterráneo e en augas galegas, especialmente nas máis afastadas da costa.

Variantes