caneiro

caneiro

(< 1 cana)

  1. s m

    Parede de madeira utilizada como división.

    Sinónimos: caneirado.
  2. s m

    Abertura feita no muro ou na parede para deixar pasar as augas.

    Sinónimos: augueiro.
  3. s m

    Conduto que recolle e verte a auga dos tellados.

    Sinónimos: calexa, canlón.
  4. s m
    1. Canle feita con dous muros que forman unha represa no río, onde se colocan as redes para pescar.

      Sinónimos: pesqueira.
    2. Presa pequena que estanca o caudal dun río.

Palabras veciñas

cañeira | caneirado | caneiras | caneiro | Caneiro | cañeiro -ra | Caneiro, Xosé Carlos