canellón

canellón

(< canella)

  1. s m

    Carreiro estreito entre montañas ou elevacións do terreo.

    Ex: O único acceso que hai para subir a pé á cabana é un pequeno canellón na aba do monte.

    Sinónimos: calella, calello, canella.
  2. s m

    Camiño moi estreito entre valos ou casas.

    Ex: Conseguiu escapar dos atracadores correndo polos calellóns que coñecía moi ben.

    Sinónimos: calella, calello, canella.

Formas incorrectas

calexón, cañada

Palabras veciñas

canella | Canella | Cañellas i Fonts, Gabriel | canellón | canelo | canelón | Canelones