canoneiro -ra

canoneiro -ra

(< canón)

  1. [BÉL]
    1. adx

      Aplícase á embarcación provista de canóns.

    2. s m

      Barco de guerra armado con canóns, especialmente concibido para misións de vixilancia de costas, ríos e lagos, escolta de convois e bombardeo de cidades. Desde a Segunda Guerra Mundial foron substituídos polas fragatas e as corvetas.

    3. lancha canoneira

      Lancha provista de canón, morteiro ou obús empregada en combates a curta distancia. Utilizouse desde o final da Idade Media ata o s XIX.

  2. s

    Persoa encargada de disparar os canóns.

  3. s [HIST]

    Fabricante de canóns. O oficio de canoneiro xurdiu na segunda metade do s XV e inseríase no mesmo gremio dos demais artesáns metalúrxicos.

Palabras veciñas

Canon de medicina, Libro do | canonazo | canonear | canoneiro -ra | canoneo | canónica | canonical