canónico -ca
(< lat canonĭcu‘regular, conforme ás regras’)
-
[RELIX]
-
adx
Conforme ou relativo aos canons ou disposicións da Igrexa.
-
adx
Acorde coas normas do dereito eclesiástico.
-
adx
Relativo ou pertencente ao canon das Sagradas Escrituras.
-
dereito canónico
dereito canónico.
-
adx
-
adx
Que se axusta ás características dun canon ou dunha norma determinados.
Ex: A catedral é unha mostra canónica do románico francés.
-
[FÍS]
-
adx
Aplícase a toda función ou ecuación que reúne as condicións de simplicidade formal, simetría e independencia respecto aos eixes de coordenadas escollidos.
-
ecuacións canónicas do movemento
Ecuacións de Hamilton.
-
transformación canónica
Transformación baixo a que as ecuacións do movemento conservan a súa forma canónica. As transformacións canónicas son de grande importancia en mecánica teórica, xa que permiten pasar das ecuacións de Hamilton ás de Hamilton-Jacobi.
-
adx
-
adx
[MAT]
Aplícase a toda construción matemática singular, no sentido de que é natural ou intrínseca.