Canoura
Canoura
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural dos arredores de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de ouro, tres granadas, ao natural, medio partidas e ben ordenadas. Outra variante trae, en campo de ouro, unha montaña de sinople, cargada dunha flor de lis de prata.