cantroxo

cantroxo
Nome científico: [Lavandula stoechas, Fam das labiadas]
s m [PLANTA]

Arbusto de ata 70 cm de altura, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazada, e con flores en espigas de ata 3 cm de lonxitude rematadas nunhas brácteas púrpuras de ata 5 cm. En Galicia están presentes dúas subespecies (L. stoechas stoechas e L. stoechas sampaiana) en medios secos e abertos. Ten virtudes medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas dos roupeiros, e na elaboración da auga de lavanda.

Sinónimos