Canuto II de Dinamarca o Grande

Canuto II de Dinamarca o Grande

(? 995 - Shaftesbury, Wessex 1035) Rei de Dinamarca (1018-1035), de Inglaterra (co nome de Canuto I, 1017-1035) e monarca noruegués (1029-1035). Ao morrer no 1014 o seu pai, Sven de Dinamarca conquistador de Inglaterra, os anglosaxóns reinstauraron o Rei Ethelred II. Derrotados os británicos e morto o monarca inglés, casou coa raíña viúva Emma no 1017, converténdose en monarca indiscutido. Tralo falecemento do seu irmán Harold converteuse en soberano de Dinamarca e, despois da vitoria sobre Olavo II o Santo, gobernou Noruega. Asistiu á coroación imperial de Conrado II no 1028 e axudouno nas campañas contra os eslavos. Residiu en Inglaterra onde gobernou co apoio da súa garda, a Thingmannalidh, e da igrexa anglosaxona favorecendo con medidas políticas a fusión entre os pobos e ditando leis de importancia civil e eclesiástica.

Palabras veciñas

cánula | Canuleia, lei | Canuto | Canuto II de Dinamarca o Grande | Canuto III de Dinamarca | Canuto IV de Dinamarca o Santo | Canuto VI de Dinamarca