capeto -ta

capeto -ta
  1. adx

    Relativo ou pertencente á dinastía dos Capetos.

  2. s

    Individuo pertencente á liñaxe dos Capetos.

  3. s m pl

    Descendencia agnada do rei de Francia Hugo I, chamado Capeto polo capuchón que levaba cando era abade laico. A orixe da dinastía atópase no saxón Vitinka, pai de Roberto o Forte, fundador do ducado de Francia. Os seus fillos Eudes (888-898) e Roberto I (922-923) foron reis de Francia. Hugo o Grande (?-956) non foi rei aínda que gobernou como tal. O seu fillo Hugo I sucedeu o derradeiro rei carolinxio Luís V como monarca francés. Os capetos directos reinaron en Francia dende Hugo I ata Carlos VI (987-1328). Desta póla naceron outras tres que tamén foron reinantes: os capetos Valois durante os reinados comprendidos entre Filipe VI e Enrique III (1328-1589); os capetos Borbóns entre Enrique VI e Carlos X (1589-1793 e 1814-1830); e os capetos Orleans no reinado de Luís Filipe entre 1830 e 1848. Destas pólas xurdiron dinastías reinantes noutros estados como Navarra, España, Portugal, Brasil e as Dúas Sicilias.