capiceiro -ra

capiceiro -ra
  1. adx e s

    Que ou quen vai mal vestido ou se viste con farrapos.

    Ex: O fillo da María éche un capiceiro e non vai cambiar.

    Confrontacións: pingallo.
  2. s

    Persoa que recolle, compra ou vende roupa vella ou todo tipo de trapos.

    Ex: Meu avó conta que daquela o capiceiro ía dunha aldea a outra para recoller toda a roupa vella.

Palabras veciñas

capialzar | capialzo | capibara | capiceiro -ra | capicúa | capilar | capilaridade