capio
capio
(< lat caput ‘cabeza’)
-
s
m
Extremo máis groso dun vimbio que se retorce na parte máis delgada deste co fin de apertar e atar algo máis fortemente.
Ex: Rompeulle o capio e desfíxose o monllo de millo serodio.
-
s
m
Gancho ou aro de madeira colocado nunha punta dunha corda por onde se mete o outro extremo para que sexa máis doada a operación de atado dun feixe ou similar.
Ex: Á corda caeulle o capio e foi máis difícil atar o monllo da herba.
-
s
m
Calquera vergallo que a xeito de corda serve para atar, especialmente os feixes de herba, palla ou leña, ou para rodrigar a viña.
-
s
m
[ETN]
Cada unha das pezas ou pugas do caínzo que serven para achairar a terra.
-
s
m
[PESCA]
Cabo dobre que se emprega na rede do xeito.