capoc

capoc

(< malaio kapuk)

s m [BOT]

Fibra natural que recobre as sementes do capoqueiro. Estas fibras son brancas, brillantes e moi flexibles, cunha canle interior chea de aire que as fai crebadizas e moi lixeiras. Empréganse para encher salvavidas, almofadas, etc.