capoeiro -ra
capoeiro -ra
(< capón)
-
s
Gaiola de madeira ou doutros materiais onde se gardan os capóns para cebalos e que, habitualmente, se colocaba preto da lareira para que os animais tivesen unha temperatura agradable.
Ex: Os capóns que miña nai tiña na capoeira xa engordaran abondo e servían para matar.
-
s
Sitio onde se gardan e crían as galiñas e outras aves de curral.
Ex: Construíron unha capoeira porque lles cumpría unha meirande, xa que compraran máis animais. Voulle limpar un pouco o capoeiro ós galos.
Sinónimos: galiñeiro, poleiro. -
s
Persoa que cría e comercia capóns ou galos cebados.
Ex: Os capoeiros acoden á praza polo Nadal para vender os seus capóns.
-
s
f
Comunicación que se fai escavando no foso dende a praza fortificada ata o exterior.