capote

capote

(< fr capot)

  1. s m [INDUM]

    Peza de abrigo para cubrir as costas e o peito, con forma de capa que pode ser longa e con mangas, aínda que tamén pode non ter mangas e levar unha abertura en cada lado para sacar os brazos ou cunha soa abertura no centro para meter a cabeza.

  2. s m [INDUM]

    Abrigo moi amplo e longo que levan os militares para gorecerse do frío e da chuvia.

  3. s m [INDUM]

    Túnica longa, ampla e aberta pola parte de diante que na Baixa Idade Media se puña enriba da outra roupa.

  4. s m [ETN]

    Peza de abrigo feita con palla empregada para gorecerse da choiva.

    Confrontacións: coroza.
  5. [INDUM]
    1. s m

      Peza de tea que usan os toureiros para tourear.

    2. capote de paseo

      Capote adornado con motivos luxosos que usan os toureiros para saír á praza e facer o paseo.

  6. [PESCA]
    1. s m

      Lance ou marea no que non se pesca nada.

    2. levar capote

      Largar e recoller as redes sen ter pescado nada.

Frases feitas

  • Darlle capote a alguén. Provocar que alguén sinta vergoña.

  • Levar capote. Levar un chasco ao non conseguir aquilo que se pretendía.

Palabras veciñas

capota | capotar | capotaxe | capote | Capote, Truman | Cappel, Louis | Cappelli, Adriano