caprifoliáceo -a

caprifoliáceo -a

(< lat caprifolĭu ‘madreselva’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás caprifoliáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das caprifoliáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia da orde das dipsacais constituída por uns 15 xéneros que reúnen unhas 400 especies de arbustos e lianas, propias do reino holártico, especialmente nas rexións mediterránea e eurosiberiana. En Galicia está representada polas madreselvas e os sabugueiros.

Palabras veciñas

Capricornis | caprificación | caprificar | caprifoliáceo -a | caprílico, ácido | Caprimulgus | caprimúlxido -da