captador -ra

captador -ra

(< captar)

  1. adx e s

    Que ou quen capta.

  2. [TECNOL]
    1. s m

      Dispositivo ou aparello empregado para captar.

    2. s m

      Aparello ou elemento que mide unha magnitude física, no que as súas variacións condicionan o funcionamento dunha máquina e o transforman nun sinal analóxico, xeralmente eléctrico ou pneumático, a fin de poder ser transmitido a distancia ou actuar sobre o funcionamento dun determinado sistema ou proceso. Por exemplo, o cuarzo piezoeléctrico é un captador de presión.

    3. captador solar

      Dispositivo empregado para captar a enerxía da radiación solar. O máis sinxelo é o captador plano que consta dunha especie de caixa de pouco grosor, tapada cun vidro, que ten no interior un serpentín por onde circula o líquido transmisor da calor (xeralmente a auga). A radiación incidente, tanto a directa como a reflectida pola cara interior do vidro (efecto invernadoiro), quenta os tubos e, polo tanto, o fluído que circula por eles. Poden chegar a quentalo ata 120°C, son de baixo custo e, aínda que sexan fixos, o seu rendemento é bastante elevado, mesmo cando o Sol non incide perpendicularmente sobre a súa superficie. Para temperaturas superiores cómpre acudir aos captadores parabólicos e cilindroparabólicos, constituídos por superficies recubertas de espello que concentran os raios solares sobre o punto ou a liña onde se atopa o dispositivo polo que circula o líquido transmisor. Para que o rendemento sexa aceptable necesitan un complicado sistema electromecánico que os oriente permanentemente respecto á posición do Sol. Mediante os captadores concentradores pódense acadar temperaturas de ata 300°C nas centrais solares e ata 3.200°C nos fornos solares.

  3. captador de cadros [INFORM]

    Periférico que toma unha imaxe dunha cámara, equipo ou entrada de vídeo para dixitalizala, creando así unha imaxe de mapa de bits. Unha imaxe de vídeo consiste en cadros (imaxes sucesivas) transmitidos ao réxime de 50 por segundo (60 en EE UU, dependendo da frecuencia da corrente alterna da rede), e o captador de cadros debe capturalos e dixitalizar un deles.

Palabras veciñas

captabilidade | captación | captado -da | captador -ra | captane | captar | captatio benevolentiae*