Caracciolo

Caracciolo

Familia fidalga do Reino de Nápoles e unha das máis importantes de Italia. A liñaxe documentada desta familia comezou con Landulfo Caracciolo (1110). Giovanni Caracciolo formou parte da familia Carafa. Os Caracciolo d’Avellino (1589) derivan dunha rama da familia Caracciolo, os Caracciolo Rosso, duques de Atripalda (1572), grandes de España, príncipes do Sacro Imperio e grandes chanceleres herdeiros do Reino de Nápoles, e dos Caracciolo di Torchiarolo (1726), tesoureiros xerais herdeiros do Reino de Nápoles, marqueses de Montenegro, grandes de España e príncipes de Ripa Francone (1742).