Caralluma
Caralluma
[PLANTA]
Xénero de plantas suculentas da familia das asclepiadáceas que comprende unhas cen especies africanas, mediterráneas ou sudasiáticas, de talo carnoso e anguloso, e flores terminais con pétalos grosos. C. europaea, única especie cactiforme orixinaria da flora europea, é propia do sueste da Península Ibérica e do norte de África, e ten flores amarelas con bandas concéntricas púrpuras.