carballo
(
-
[PLANTA]
-
s
m
Árbores ou arbustos pertencentes ás especies caducifolias e as marcescentes do xénero Quercus da familia das fagáceas. Son plantas mesófilas que poden medrar en climas máis fríos e húmidos ca as especies perennifolias do mesmo xénero, como a sobreira, a aciñeira e o caxigo. Son árbores ou arbustos monoicos, de ramificación simpódica e con follas lobuladas. A polinización é anemófila e as flores son pequenas e sinxelas: as masculinas, dispostas en amentos pendurantes, cun periantio composto por 6 lóbulos e ata 12 estames; e as femininas, dispostas en grupos de ata tres flores, cun invólucro escamoso que dará lugar á cúpula da landra. Os carballos poden chegar a ser moi lonxevos; constátanse exemplares de máis de 1.200 anos de idade e non son raros os casos de hibridación entre distintas especies de carballo. Dende hai 6.000 anos, coincidindo co final do período frío posglacial, conforman a vexetación potencial da maior parte de Galicia. A aparición da agricultura en Galicia hai uns 4.000 anos (cando se fixeron necesarios terreos de cultivo) fixo que a superficie que ocupaban os carballos diminuíse progresivamente. Os incendios, o pastoreo extensivo e as necesidades de madeira e leña aceleraron tamén este proceso. A inclusión de Galicia no Imperio Romano provocou a substitución de moitas carballeiras por soutos, que ofrecían as castañas como complemento importante na dieta da poboación daquel tempo. Entre os ss XII e XVIII empregouse a madeira de carballo para a construción de vivendas e navíos. Xa no s XIX tiveron incidencia as desamortizacións eclesiásticas que permitiron especular con carballeiras pertencentes a ordes relixiosas. Tamén se empregou a madeira para a realización de travesas do ferrocarril e para as doelas das pipas. As cortizas e os bugallos empregáronse na a industria de curtidos pola alta concentración de taninos que conteñen. As landras tiveron importancia como alimento para o home e o gando doméstico, en especial para o porcino; aparecen xa nos poboamentos castrexos e poden moerse para facer fariña. O feito de ser froitos secos de doada recolección e conservación súmase ao seu alto valor enerxético. É frecuente atopar carballos con follas cubertas, case na súa totalidade, cunha peluxe consecuencia dun ataque masivo do fungo oídio. Tradicionalmente, considerouse como morada de deidades. Os gregos pregábanlles ás dríades, ninfas dos bosques, que abandonasen o seu fogar baixo a cortiza antes de cortar a árbore. Na mitoloxía escandinava era o símbolo de Thor, deus do trono. Os druídas rendíanlles culto ás carballeiras e consideraban o visgo, planta parasita que medra nas pólas dos carballos, un regalo dos deuses. O carballo mantivo no acervo mítico galego un carácter purificador e curativo, ao igual ca algúns animais asociados a el como as vacalouras. Os lugares de reunión social adoitan ser carballeiras e tamén é frecuente a presenza desta árbore nos cemiterios.
-
s
carballo albar [cast: roble albar; ingl: durmast oak]
[Quercu
-
s
carballo americano [cast: roble americano; ingl: northern red oak]
[Quercu
-
s
carballo anano [port: carcalhiça; cast: quejigueta]
[Quercu
-
s
carballo andaluz
[Quercu
-
vi
carballo australiano [cast: roble de Australia]
[Gre
-
s
carballo cerquiño/carballo negro [port: carvalho negral; cast: roble melojo; ingl: pyrenean oak]
[Quercu
Sinónimos: cerqueiro, cerquiño. -
s
carballo común [port: carvalho comum; cast: roble común; ingl: english oak]
[Quercu
-
s
carballo pubescente
[Quercu
-
s
m
-
s
m
Madeira desta árbore.
Ex: No cuarto dos meus pais hai un fermoso armario de carballo.
-
s
m
Aroma e olor que caracteriza os viños criados en envases de carballo novo.
Ex: O viño de crianza de La Rioja ten aroma a carballo.
Frases feitas
-
Forte como un carballo. Moi forte.
Refráns
- Un soilo golpe non derruba un carballo.