carboeira
carboeira
(< carbón)
-
s
f
Lugar onde se fai, garda ou vende carbón.
Ex: Foi buscar carbón á carboeira para manter a calor na cociña.
-
s
f
Morea de madeira tapada con leña verde, herba e terra da que se obtén carbón vexetal por carbonización da madeira. A combustión iníciase por un burato ou cheminea situado no medio da morea e regúlase abrindo buracos laterais que permiten a circulación limitada do aire.
-
s
f
[MAR]
Nome vulgar que recibe a vela do estai maior nos barcos mixtos de vapor e de vela, ennegrecida polo fume da cheminea.
-
s
f
[MAR]
Espacio interior dos barcos próximo á sala de caldeiras que serve para estibar o carbón que se vai consumir.