carbonato
(
-
s
m
[QUÍM]
Sal ou éster formado por substitución dos dous hidróxenos de ácido carbónico. Os carbonatos metálicos son moi abundantes en estado natural (malaquita, azurita, calcita, aragonita, dolomita, etc). A maioría dos metais forman carbonatos, excepto o aluminio e o cromo; os metais alcalinos configuran, ademais, carbonatos ácidos ou hidroxenocarbonatos, mentres que o bismuto, o cobre e o magnesio compoñen só carbonatos básicos. Por mor da feble ionización do ácido carbónico, os carbonatos solubles son básicos e, nun medio acuoso, sofren unha hidrólise considerable. A maioría dos carbonatos pódense obter por precipitación dunha solución dun sal do metal cun carbonato alcalino. Todos os carbonatos, a excepción dos alcalinos e do de talio, son moi pouco solubles; moitos deles descompóñense, pola acción da calor, dando lugar a dióxido de carbono e a un residuo de óxido do metal ou de metal libre, se o óxido non é estable a temperatura alta. Só os carbonatos alcalinos resisten a acción da calor. Todos os carbonatos se descompoñen cos ácidos minerais no seu sal correspondente, liberando dióxido de carbono. Disólvense en auga carbónica e dan hidroxencarbonatos, que son responsables da dureza temporal das augas. Os carbonatos utilízanse especialmente nas industrias cerámicas e metalúrxicas. O ácido carbónico presenta ésteres con todas as súas reaccións xerais.
-
s
m
[QUÍM]
Ión bivalente de fórmula CO 3 2- que provén do ácido carbónico, por disociación dos seus hidróxenos.
-
carbonato potásico
[IMAX]
Álcali utilizado en certos reveladores cromóxenos en procesos de cor (ou branco e negro) cando se quere obter un pH elevado.
-
carbonato sódico
[IMAX]
-
Álcali que acompaña a substancia reveladora, da que mantén a acción en reveladores en branco e negro.
-
Primeiro revelador de cor en certos baños cromóxenos que precisan un pH non moi elevado.
-