carillón

carillón

(< fr carillon)

  1. s m [MÚS]

    Instrumento idiófono de percusión directa constituído por un xogo de campás afinadas e dispostas para producir unha melodía ou un conxunto harmónico. Os máis antigos soaban ao bater nas campás cun martelo. Posteriormente se lle engadiu un teclado e, en época moderna, introducíronse pedais que accionan os badalos ou martelos mediante transmisión eléctrica ou mecánica. Probablemente de orixe chinesa, difundiuse e evolucionou en Europa, sobre todo nos Países Baixos, desde a Idade Media, e tivo a súa época de esplendor durante o s XVII. Son célebres os carillóns de Bruxas, Malines, Gante, Anveres, Louvain e Utrecht.

  2. s m [MÚS]

    Peza instrumental inspirada na música do carillón composta desde o s XVII, principalmente para clavecín e órgano.

  3. s m [MÚS]

    Rexistro de órgano consistente nunha serie de timbres, campaíñas e láminas de aceiro que producen un son semellante ao das campás ao seren golpeados por uns martelos conectados coa metade dereita dun teclado.

  4. s m

    Reloxo provisto dun conxunto de campás que producen unha melodía.

Palabras veciñas

carideo | carie | carillo -lla | carillón | Carina | carinada | carinal