cariofiláceo -a
cariofiláceo -a
(< lat científico caryophyllon < grκαρυόϕυλλον ‘cravo de especia’)
-
adx
Relativo ou pertencente ás cariofiláceas.
-
s
f
[PLANTA]
Herba da familia das cariofiláceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia integrada por arredor de dúas mil especies de plantas herbáceas ou sufrutescentes de talos nodosos, follas opostas e flores actinomorfas, de catro ou cinco pétalos libres, características principalmente dos países de clima morno. En Galicia están presentes os xéneros Agrostemma, Arenaria, Cerastium, Corrigiola, Cucubalus, Dianthus, Herniaria, Honkenya, Illecebrum, Lychnis, Moehringia, Moenchia, Paronychia, Petrorhagia, Polycarpon, Sagina, Saponaria, Scleranthus, Silene, Spergula, Spergularia e Stellaria.