carisma

carisma

(

  1. s m [RELIX]

    Don especial outorgado por Deus a un cristián prescindindo do seu grao xerárquico e destinado a influír socialmente na comunidade eclesiástica. As escrituras paulinas testemuñan a abundancia dos carismas na Igrexa primitiva. Máis adiante o gran problema foi diferenciar os auténticos dons de Deus das imitacións. Segundo o Concilio Vaticano II, o xuízo sobre a súa autenticidade pertence ás autoridades eclesiásticas.

  2. s m

    Capacidade que posúen certas persoas para atraer, seducir ou guiar os demais mediante a forza da súa personalidade, a súa presenza ou a súa conversa, sen utilizar a coacción nin os incentivos materiais.

    Ex: Din que para ser bo político cómpre ter carisma.