Carle, Guillaume
Carle, Guillaume
ou Cale (Mello-en-Beauvaisis ? - Clermont-en-Beauvaisis, actual Clermont-de-l’Oise, Île-de-France, 1358) Líder militar da insurrección campesiña da Jacquerie. Carlos II de Navarra desarmou as súas forzas cerca de Clermont o 10 de xuño de 1358 e conseguiu a rendición da cidade. Carle foi aprisionado e decapitado.