carniceiro -ra

carniceiro -ra

(< carne)

  1. adx e s

    Aplícase ao animal que se alimenta de grandes presas.

    Ex: O león é un animal carniceiro que se alimenta de cebras.

    Sinónimos: carnazal.
  2. s

    Persoa que corta e vende carne. Na Idade Media o gremio dos carniceiros foi un dos máis influentes nas grandes cidades, pero xeralmente estaban excluídos dos gobernos municipais. Eran monopolios que dispuñan de lugares de venda fixos e privilexiados e que conservaron a pesar dos ataques das autoridades locais.

    Ex: Pedinlle un quilo de costeletas e dous chourizos ó carniceiro.

  3. s

    Persoa que mata reses.

  4. s

    Persoa que non ten piedade e goza matando ou facendo sufrir.

    Ex: O personaxe principal da novela vaise transformando nun carniceiro.

    Sinónimos: cruel.
  5. adx e s

    Aplícase ao cirurxián ou outro médico que opera de forma descoidada.

    Ex: Arrincoume a moa un auténtico carniceiro e estiven sangrando todo o día.