carquinyoli*

carquinyoli*
s m [ALIM]

Doce típico catalán, crocante e seco, elaborado con fariña, ovos, azucre, améndoas ou outros froitos secos machucados e, normalmente, tamén con pel de limón e canela. En primeiro lugar, dáselle á pasta forma de barra aplanada; unha vez cocida, córtase e vólvese meter no forno para que cada porción se torre intensamente. Tamén se denomina bufat.

Palabras veciñas

carqueixal | carqueixedo | carquesio | carquinyoli* | Carr, Edward Hallet | Carr, Emily | Carr, John