Carracedo
Carracedo
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. O topónimo homónimo é un abundancial formado sobre o latín tardío carriceu (derivado do latín vulgar *cariceu) ‘carrizo ou cana silvestre dos pantanos’. Documéntase no século XIII: “Petrus Fernandez ditus Carracedo” (doc ano 1200 en Emilio Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 102).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata, cun lobo andante de sable. Outra variante leva, en campo de prata, unha aspa de azul e xefe de azul con tres coxíns de ouro.