carragheen*
carragheen*
s
m
[QUÍM/BOT]
Mucilaxe hidrocoloide formado por sales de calcio, potasio, sodio, amonio, magnesio e anhidrogalactosa e por sales de ésteres sulfúricos de polisacáridos derivados da galactosa. Obtense das algas vermellas dos xéneros Chondrus e Gigartina e preséntase en forma de pos. Forma xeles coa auga e estabiliza emulsións e suspensións. Utilízase moito na industria alimentaria como aditivo en derivados lácteos, en produtos cun contido enerxético reducido e en derivados da froita; en farmacia como emoliente, laxante e pectoral.