carretilla

carretilla

(< cast carretilla)

  1. s f

    Carro pequeno de man, composto por unha plataforma para a carga, xeralmente cunha roda central, dous pés para apoialo no chan e dúas varas polas que se suxeita para conducilo.

    Sinónimos: carreta.
  2. s f

    ehículo empregado para o transporte de materiais, polo xeral motorizado e provisto de mecanismos adecuados para a elevación da carga. Entre as destinadas unicamente ao transporte, a máis empregada é a carretilla manual, que consiste basicamente nunha plataforma ou caixa montada sobre rodas; a carretilla tractora está provista, ademais, dun motor eléctrico ou térmico. A carretilla elevadora ten un dispositivo (mecánico, eléctrico ou hidráulico) que permite elevar as cargas ata unha altura suficiente para o seu transporte, ou ben está dotada dunha plataforma, unhas pinzas ou unha galla que permite colocar os cargamentos a unha certa altura. Para grandes cargas, como contedores, emprégase a carretilla pórtico, de grandes dimensións e estrutura elevada, que permite colocar a carga na súa cavidade interior.