carricanta

carricanta

(< raíz preindoeuropea carr-)

s f [ANIMAL/ENTOM]

Insectos ortópteros do xénero Ephippiger, de ata 3 cm de lonxitude e de cor verde ou castaña, con longas patas posteriores modificadas para o salto, antenas meirandes ca o corpo e pronoto en forma de sela de montar. As ás son moi curtas e de cor dourada; a esquerda superponse parcialmente sobre a dereita, coa que os animais dos dous sexos emiten un curto chío. En Europa están presentes na metade setentrional.

Sinónimos

Confrontacións

cigarra

Frases feitas

  • Alegre como unha carricanta. Moi ledo.

Palabras veciñas

carrexo | carrexón -na | carrián | carricanta | carriceira | Carricelas | carricho, ó