carril
(< carro)
-
s
m
Marca de certa profundidade que deixa a roda do carro ou doutro medio de transporte nun camiño.
Ex: O frío da noite xeou a auga dos carrís.
Sinónimos: carrieira, carrileira, carrilleira, relleira, rodeira. -
s
m
Abertura que se fai nun valo ou muro dunha leira para dar paso aos animais, persoas e carros.
Sinónimos: carrieira, carrileira, carrilleira, portela, portelo. -
s
m
Vasilla para transportar viño nos carros.
-
s
m
Parte dunha calzada, delimitada xeralmente por unha banda lonxitudinal no chan, destinada á circulación de vehículos nun determinado sentido.
Ex: Para cambiar de carril vira á dereita.
-
s
m
Cada unha das dúas barras de aceiro laminado dispostas en paralelo e unidas rixidamente que constitúen unha vía férrea.
Sinónimos: raíl. -
s
m
[TECNOL]
iga ou calquera outro elemento ríxido polo que circula, suspendido, un vehículo ou un aparato móbil, como un monocarril ou o carro dun guindastre, ou que serve, entre outros, de guía para o desprazamento dunha peza.
-
s
m
[MAR]
Guía de metal que ten por obxecto facilitar unha manobra, desprazar un motón, unha vela ou un pao. Segundo o elemento en que se sitúen, poden distinguirse varios tipos: carril de escobén, carril do pao ou da botavara, carril da escota, carril da burda ou carril da articulación da botavara.