Cartago

Cartago

Provincia de Costa Rica (3.125 km2; 378.188 h [1996]). A súa capital, Cartago, está localizada nun val (23.884 h [1984]). Ao N sitúanse as montañas volcánicas de Turrialba e Irazú, as máis altas do país. O río máis importante é o Reventazón, que atravesa case toda a rexión de N a S. Ten un clima morno chuvioso, que permite un tipo de cultivo tropical como a cana de azucre, os cereais, a fibra téxtil e a fruticultura. O gando destaca pola súa calidade, tanto o vacún como o cabalar. Posúe minas de ouro, cobre, carbón e mercurio. A industria principal é a madeireira.